Mostrando entradas con la etiqueta Verbas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Verbas. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de noviembre de 2012

The ghost



White slippery movements
          silent
                       and cold

The ghost has come to your night
                 to make you frightened
like a harmless child

Keep your eyes wide open
watch the ghost dance for you

It is bright, and dark
it'll be over when it's blue.

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

domingo, 9 de septiembre de 2012

Stones


You can stop picking stones out of my belly
         you can
risk a little bit more and
                                hopefully
stand still for ages
staring   the       trees           move

Since the path is unbroken
                 and
mornings come to warn     the nights
the last chance to                                          loneliness
                  is
rolling to the next moment




[Sabela Rodríguez Lorenzo]

domingo, 10 de junio de 2012

Un neno que perdeu un zapato

Pasa inmediatamente a chamarse "O neno que perdeu un zapato".

Procedemos, agora si, a relatar os acontecementos.

Día 1
 Un neno (ou o neno)
sae da porta dunha casa que se continúa verticalmente co cumio dun monte.
O neno,
co camiñar lixeiro propio da idade que teña,
 diríxese ao pé dunha árbore enorme.
Ao chegar,
axeónllase devagar e rabuña suavemente na terra.

Día 2
Un neno,
o mesmo neno,
fronte á mesma árbore,
abanea fortemente as mans.
Continúa durante uns minutos
e interrómpese de golpe.
Baixa as mans e volve á casa.

Día 3
O neno dá voltas arredor da árbore
debuxando cun pao unha liña no solo.
Solta o pao e volve a casa.

O último día
O neno sae da casa,
diríxese á árbore,
alcánzaa,
chántase en fronte dela.
Tras unha breve e intensa axitación da escena
 o neno comeza a ser absorbido pola Terra.
A Terra,
pola súa parte,
cuspe auga con forza.
Axiña o neno desaparece,
quedando tan só un zapato ao carón dunha árbore enorme.




[Sabela Rodríguez Lorenzo]

O creador


Incluso ao máis impuro ateo lle resulta tentador xogar coa idea dun creador -chamarlle deus ou non é irrelevante para o caso- de quen facer unha pantomima, un humanizado ser enchoupado da torpeza entrañable da especie.
Recoñezo descubrirme unha e outra vez invocando, culpando, agradecendo ou sinxelamente sinalando ao ubicuo e indecente que lavou as mans das que se lle escapou todo isto. Ui, xa me volveu pasar.


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

viernes, 8 de junio de 2012

A importancia de ser raro

Por raro poden entenderse moitas cousas, pero poucas palabras fan referencia con máis sinxeleza e suavidade a un estado e orde das cousas que lle resulta tan absorbente ao meu cerebro.

As cousas raras, por definición pouco habituais ou que se saen da norma, escapan da marxe real do que nos rodea e quedan varadas na outra beira, agardando por unha mirada que as rescate, quizais para apreciala gardada con receo, ou quizais pra devolvela suavemente á súa orixe.


 [Sabela Rodríguez Lorenzo]

domingo, 25 de marzo de 2012

Tapa pin-up


Rouboume as pezas porque non as gardara
e gardoumas pra que non mas roubaran

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

lunes, 19 de marzo de 2012

O gato máis negro bailou hoxe ao meu redor
o gato máis negro

A pelaxe brillaba de emoción
fitaban os ollos verdes
e o gato máis negro bailaba pra min

Vira pra unha beira
frégase no chan
                  e dun chimpo
cruza por diante miña

Detense un intre
achégome a el
                  e volve voar cara un coche

Segue os meus pasos
xoga cos pés 
sorrí a felina mirada

Baila pra min
o gato máis negro
e máis fermoso


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

martes, 13 de marzo de 2012

Noticia

Aos andeis non lles hai que limpar o po por baixo.

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

domingo, 11 de marzo de 2012


In the blossom Sunday
where the bodies lay
you gotta stay quiet
you gotta stay quiet

Rough edges
tried to kill me last night
and you just stared
trying to reach nobody

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

martes, 6 de marzo de 2012

O futuro


todo está quedo
as mulleres do fondo recollen as moedas que caen do ceo
e os homes
rabuñan con forza as incrustadas no chan

a luz que entra pola fiestra non abonda pra iluminarme as mans
e búscome os dedos desesperada

non están, penso
non están

pero actúo con calma

estendo a man, entón
sen dedos abro a man
e as moedas caen ao baleiro
sen facer ruído ningún

árdenme os ollos e ningúen di nada
pero todos miran
miran como agroman as lapas da máis negra brancura


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

lunes, 5 de marzo de 2012

A cortina


A cortina como memoria afeita a ser fatal
a ser culpable
a cortina que baila cando se deixa levar, nunca soa.

Recordabas o tacto, a súa pesadez
o cheiro era familiar, tamén, como a cor.

Prendíchela con forza na man pechando tanto os puños...
ata faceres sangue que ninguén notou camuflado na pelaxe
da cortina.

Coñecías xa ese desacougo.
Falouche unha voz dende atrás que repetía
ola ola ola
e diante túa respostaban
ola ola ola
e ti no medio
con medo
mollando a cortina.

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

martes, 7 de febrero de 2012


Revolto na lama
envolto en poutas de gato
arañado por rabuñaduras na pel

así mo atopei eu
sorrindo mentres refouzaba na lama
revolto na lama

xogou comigo ata cansar
e volveuse adentrar
na lama

[Sabela Rodríguez Lorenzo]

viernes, 30 de septiembre de 2011

Son inconsciente
mirando pra unha pernas que nunca van correr ao meu favor

porque se intentase mirar máis de seguro a néboa había desviarme
parece que cara ti hai un pasadizo perigoso
ateigado de enganos de maxia pagá
de negros escuros
de disparos que acertan
de individuos estranos que me miran de reollo
e que te miran a ti como bicando o ceo
porque sabes que lles gustas

e cada pé que me une ao chan é unha cadea potente que me imanta o corpo
e cada esfera interrogante unha chamada ancestral
que comezou agora
e rematará en desgraza


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

viernes, 1 de julio de 2011


colmillos de elefante

non son agresiva e fasme saber que te decataches
rompo lanzas a favor das cunchas e crávoas fondo na area
bailo raro

toc, toc as pedriñas tamén bailan
mírasme de cando en vez pra asegurarte de que sigo aí
gracias

ofreces grandes praceres e respectas que te esmague co meu corpo
camiño sobre ti, lixeira
busco cairos

sábado, 28 de mayo de 2011

Descubrimos un mundo triste
que as persoas ás veces non son persoas
que a cara non é o espello da alma ou é que está estropeada

Descubrimos que nin todos os golpes do mundo poden parar unha revolución
que non nos poden tirar ao chan se xa estamos sentados
que se antes eramos moitos agora somos moitos máis

Non desesperemos porque haxa xente sen corazón
alegrémonos de que sexamos máis flores en alto que uniformes sen persoas

lunes, 21 de marzo de 2011


ola gato

ola

gato gordo e negro ola gato
levas calcetíns de señorito e non se manchan

levo pés pegados ás patas, mais non levo zapatos coma ti

gato insolente non me mires
non me fales gato
de trapo o rabo e os ratos detrás

eu non como ratos eu como penso brando e marrón
eu non afío os dentes eu non roio e deixo roer

mira gato mira que es parvo
gato aparta do camiño gato que me traes tola
eu non quero historias de bechos fracos por anacos penso que delirio e claro
as perniñas non me aguantan sempre

cala rapaza cala que me miras desleixada
acaso tes os ollos pra nada?
eu movo os bigotes a piques estaba de movelos agora
fora antes fora fóra
terás pesadelos nena

fóra gato fóra


sábado, 19 de marzo de 2011



voulle roubar ás flores o que me roubaron as abellas
teño almofada nova e non vexo ben sen gafas
                                 recórdame
ao conto que me contaba eu mesma polas noitas cando podía durmir

vou comer coello como coello comeron antes os máis vellos
ca min
e non o vou cazar,
porque son            civilizada
  

coruña


o mar
que intenta dividirnos e que nos xuntou
xogamos con el a ver quen é máis forte
como un neno xoga contra o seu pai

o mar
déixanos gañar

lembra que o mar
nos deixa gañar


lunes, 14 de marzo de 2011


e agora teño que peinarte e maña exame e a tele e o bus e o buseiro que a tarxeta non funciona polas haburguesas si por iso que eu non gardo hamburguesas no bolso pois os sandwiches a min non me importa que é cousa túa e eu sen durmir e agora que podo miña nai que me esperta

sábado, 12 de marzo de 2011



todo o que tocas arde
sae ben cando o miras do revés e acariñas as pezas da partida
tomas a rúa máis escura pra perderte e que te violen
recordas cando che dixeron que non merecía a pena coller o billete de volta
e riches deles
non deberías...
non deberías


mola moito a foto, é de  Irina Werning creo recordar