sábado, 19 de marzo de 2011

coruña


o mar
que intenta dividirnos e que nos xuntou
xogamos con el a ver quen é máis forte
como un neno xoga contra o seu pai

o mar
déixanos gañar

lembra que o mar
nos deixa gañar


lunes, 14 de marzo de 2011


e agora teño que peinarte e maña exame e a tele e o bus e o buseiro que a tarxeta non funciona polas haburguesas si por iso que eu non gardo hamburguesas no bolso pois os sandwiches a min non me importa que é cousa túa e eu sen durmir e agora que podo miña nai que me esperta

sábado, 12 de marzo de 2011



todo o que tocas arde
sae ben cando o miras do revés e acariñas as pezas da partida
tomas a rúa máis escura pra perderte e que te violen
recordas cando che dixeron que non merecía a pena coller o billete de volta
e riches deles
non deberías...
non deberías


mola moito a foto, é de  Irina Werning creo recordar

Se a historia da Terra durase un ano, o ser humano viviría no último segundo.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Plan A.
Zona 1, 2, 3
Os pés
no camiño
As rodas
e o volante

viernes, 4 de marzo de 2011



si
poño caras cando subo no ascensor

e cando baixo
tamén

miércoles, 2 de marzo de 2011

entroido

cada vez máis preto


se vos asomades un pouquiño xa o podedes ver