que me corten
que me corten dunha soa e potente
labazada.
abrupta e visceral,
negra no interior e transparente
superficie
que me corten
chámaos
reúne a centos
que se acheguen todos eles
uns que miren e os outros
que me corten
[Sabela Rodríguez Lorenzo]