viernes, 25 de febrero de 2011
Frida
Hoxe soñei que espertaba, abría a ventá da miña habitación e era inmensamente feliz. Durante a noite houbera unha inundación e tiña diante de casa un precioso lago cunha illa no medio (as partes máis altas do parque, que non alcanzara a auga, sobresaían exuberantemente verdes). Miña tía insistía en lembrame que a inundación causara moitos danos pero eu só vía a auga.
Optimista ou egoísta?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario