mirando pra unha pernas que nunca van correr ao meu favor
porque se intentase mirar máis de seguro a néboa había desviarme
parece que cara ti hai un pasadizo perigoso
ateigado de enganos de maxia pagá
de negros escuros
de disparos que acertan
de individuos estranos que me miran de reollo
e que te miran a ti como bicando o ceo
porque sabes que lles gustas
e cada pé que me une ao chan é unha cadea potente que me imanta o corpo
e cada esfera interrogante unha chamada ancestral
que comezou agora
e rematará en desgraza
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
No hay comentarios:
Publicar un comentario