vou vomitarche enriba pra que vexas de que estou feita.
por dentro teño picos
que se cravan ao agacharme.
a pel que me cobre
fíxena do ventre dos meus peitos
e as portas máis escuras son
só
debuxos que non levan a ningures
ves agora?
teño dentes agasallo dos animais
que me morden cando non miro
as mulleres que me habitan non se atreven
nunca
a falarme
e os pés desfanse en canto piso a area
velo?
cando corto os músculos
soan como mordazas de carne húmida
e porque sego tendo pestanas
recoñezo
cando
mintes
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
miércoles, 12 de junio de 2013
miércoles, 8 de mayo de 2013
martes, 30 de abril de 2013
sábado, 16 de marzo de 2013
era un pequeno anaco de
pel que remataba en punta
o que cortaba as follas
unha punta temida por
lobos e raposos
mais era paciente e non
perseguía a ninguén
os lobos
eu nunca vira un lobo ata que cheguei a
esta fría terra
eu nunca vira un lobo mais coñecía os
nomes de todos eles
e eles o meu
sabela,
sabela
chamaban de noite
e mantiña os ollos ben abertos para
espantalos
as miñocas
atraentes animais.
nunca todo o vermellas que poderían
ser porque non teñen sangue coma nós
pero sempre dividíndose grazas á miña
man asasina
debuxan co seu corpo o comezo do meu
nome
a denociña
ela é unha soa
só unha a que mora en todas as
tobeiras
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
viernes, 15 de marzo de 2013
ni dios ni amo
Y
dije: “Sí, señor”.
A
lo que me contestó:
“Aquí
no hay señor,
aquí
no tenemos ni dios ni amo”.
José
Luis Sampedro.
os
donos das persoas vomitaron o cascallo
e
as cunchas todas da praia erixíronse de novo
en
arquitectónicas criaturas
degolaron
aos miróns que respondían a todo que si
logo
de que accederan á súa propia execución
os
foraxidos non puideron continuar
porque
lles quedaron nas pernas atoados os ollos
e
as pernas nos ollos
e
viceversa
a
cotra de merda nas paredes semellaba chorar esterco
e
todos todos admiraron ese cheiro
saben
ben dende entón que un sinal de deus aparece sempre como unha
mentira
unha
muller derrotada
ou
de noite.
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
jueves, 14 de marzo de 2013
London
ao principio as
cidades eran negras
despois
apareciches ti
e deseñaches o
que lle chegou a ser londres
e
todo o demais
dende entón as
figuras toman forma nesta urbe
contracción silencio
un xemido
e a cidade outra
vez
despois das
persoas veñen túneles longos
e un ruído
despois dos
ruídos están os paxaros e despois a luz e a cor
verde
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
Suscribirse a:
Entradas (Atom)