A cortina como memoria afeita a ser fatal
a ser culpable
a cortina que baila cando se deixa levar, nunca soa.
Recordabas o tacto, a súa pesadez
o cheiro era familiar, tamén, como a cor.
Prendíchela con forza na man pechando tanto os puños...
ata faceres sangue que ninguén notou camuflado na pelaxe
da cortina.
Coñecías xa ese desacougo.
Falouche unha voz dende atrás que repetía
ola ola ola
e diante túa respostaban
ola ola ola
e ti no medio
con medo
mollando a cortina.
[Sabela Rodríguez Lorenzo]
No hay comentarios:
Publicar un comentario