lunes, 19 de marzo de 2012

O gato máis negro bailou hoxe ao meu redor
o gato máis negro

A pelaxe brillaba de emoción
fitaban os ollos verdes
e o gato máis negro bailaba pra min

Vira pra unha beira
frégase no chan
                  e dun chimpo
cruza por diante miña

Detense un intre
achégome a el
                  e volve voar cara un coche

Segue os meus pasos
xoga cos pés 
sorrí a felina mirada

Baila pra min
o gato máis negro
e máis fermoso


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

No hay comentarios:

Publicar un comentario