martes, 6 de marzo de 2012

O futuro


todo está quedo
as mulleres do fondo recollen as moedas que caen do ceo
e os homes
rabuñan con forza as incrustadas no chan

a luz que entra pola fiestra non abonda pra iluminarme as mans
e búscome os dedos desesperada

non están, penso
non están

pero actúo con calma

estendo a man, entón
sen dedos abro a man
e as moedas caen ao baleiro
sen facer ruído ningún

árdenme os ollos e ningúen di nada
pero todos miran
miran como agroman as lapas da máis negra brancura


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

No hay comentarios:

Publicar un comentario