viernes, 30 de septiembre de 2011

Son inconsciente
mirando pra unha pernas que nunca van correr ao meu favor

porque se intentase mirar máis de seguro a néboa había desviarme
parece que cara ti hai un pasadizo perigoso
ateigado de enganos de maxia pagá
de negros escuros
de disparos que acertan
de individuos estranos que me miran de reollo
e que te miran a ti como bicando o ceo
porque sabes que lles gustas

e cada pé que me une ao chan é unha cadea potente que me imanta o corpo
e cada esfera interrogante unha chamada ancestral
que comezou agora
e rematará en desgraza


[Sabela Rodríguez Lorenzo]

domingo, 17 de julio de 2011

Gioconda Belli




Consuelo para la temporalidad
Somos como las plantas:
Nuestra piel es hoja y nervadura
de pasiones hermosas
Que bailan sin cesar.
somos danza y danzar en el viento
Es potestad de nuestras piernas sin raíces.
Todo cambia y nada permanece.
En el otoño, el follaje se desprende amarillo;
Llueve oro en el atardecer.
No habría vida sin muerte.
No seríamos cuanto somos
si la conciencia no guardara experiencias ajenas
que misteriosamente se aposentan
en el aire interior cuya esencia desconocemos.
Y, sin embargo, así como Blake dijo:
"La eternidad está enamorada de la fabricación del tiempo".
Es inevitable enamorarse de la creación
y sentir el dolor de no ser inmortales.

¡Ven!
Abandona el rencor por lo incomprensible.
porque la vida se alimenta de la vida,
hemos de arder en la pira funeraria sin perecer.
cantos y mitos nos sobrevivirán,
como sobrevive el árbol
que talado y yerto me sirve de apoyo
para escribir esta reflexión.

La experiencia de la vida es la pasión de beberla
hasta la embriaguez.
Amar, cantar, decir versos hermosos
y luego
dormir.

[Gioconda Belli]

viernes, 1 de julio de 2011


colmillos de elefante

non son agresiva e fasme saber que te decataches
rompo lanzas a favor das cunchas e crávoas fondo na area
bailo raro

toc, toc as pedriñas tamén bailan
mírasme de cando en vez pra asegurarte de que sigo aí
gracias

ofreces grandes praceres e respectas que te esmague co meu corpo
camiño sobre ti, lixeira
busco cairos

sábado, 28 de mayo de 2011

Descubrimos un mundo triste
que as persoas ás veces non son persoas
que a cara non é o espello da alma ou é que está estropeada

Descubrimos que nin todos os golpes do mundo poden parar unha revolución
que non nos poden tirar ao chan se xa estamos sentados
que se antes eramos moitos agora somos moitos máis

Non desesperemos porque haxa xente sen corazón
alegrémonos de que sexamos máis flores en alto que uniformes sen persoas

sábado, 14 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011

domingo, 8 de mayo de 2011

Molar


   
Sors inmanis
et inanis,
rota tu volubilis,
status malus,
vana salus
semper dissolubilis,
obumbrata
et velata.
   
[Carmina Burana]

sábado, 7 de mayo de 2011

Imagínate al papa


...en chándal.


[Mamá Ladilla]

jueves, 5 de mayo de 2011

Hueso na más



...tenía mi novio.

jueves, 31 de marzo de 2011


creo que a fotografía gusta porque fai ver o que normalmente non se ve

pode que por iso sexa que a min me gusta a bioloxía

ou quizais non

tan só era unha idea
 

[foto de bubela]

sábado, 26 de marzo de 2011

janis

joplin
con esponxa
e libia ao fondo

jueves, 24 de marzo de 2011

Resulta que teño celulitis...

que iso é, cando as células che teñen moito conto.

Noite de soños con adaxio en 6 tempos e medio

Un peixe pequeno, un gato, un tiburón picudo e mais eu. O gato quéreme comer. O tiburón deféndeme, dille, gato, se queres o peixe has de deixala en paz. E non me deixa. Finalmente marchan e consigo alviscar dende a ventá aos tres en fila, e como o tiburón, dando un saltopor riba do meu inimigo, atrapa o peixe cunha boca máis de gato que nunca.


Saio co coche. Cando xa estou conducindo decátome de que o volante está demasiado baixo e que as rodilllas me impiden alcanzalo e mirar a estrada ao mesmo tempo. Paro, non sen antes recibir algún insulto. Unha vez resolto o problema pérdome, pero unha amable señora dun quiosco axúdame a atoparme.


Entro na habitación. Está ao fondo unha ventá no teito, cos cristais suxos e pola que intenta entrar a luz dun claro día. Camiño cara esa esquina. Pouso os pés nas últimas táboas de madeira mentres me vou decatando que terá consecuencias. Caen entón as táboas ao meu redor, cara unha profundidade luminosa, pero só as máis próximas a min.Calma, e volven ao seu sitio. Xa atopándome eu próxima á porta o chan derrúbase nun grande estrondo, todo se perde, todo? Non. Non porque o seguinte que podo ver é un creba cabezas manexado por ninguén no que as pezas do chan se moven matemáticas, simétricas e caóticas pra os meus ollos dun lado a outro da habitación, ata finalmente acadar a súa posición inicial.

El estará esperando. Has de entrar e darlle seis gotas. Se entón che mira aos ollos durante máis de 5 segundos estarás perdido.
Baixou as escaleiras, escuras. Eu ía detrás. Había algo nesa casa... Unha luz escasa pero moi cálida, case de incendio.A porta estaba entreaberta. En caso de que todo saíra mal, fitou prá outra porta, a de entrada, robusta pero non demasiado grande, tamén en caso de que todo saíra ben a debería de usar axiña. Asomouse á estancia. Pra min era difícil imaxinar o que ía facer. Só no momento no que o vira, ata que lle dese as gotas, sería suficiente pra acabar un co outro.
El sen pensalo entrou rápido pero firme na habitación. Pra miña sorpresa ningún dos dous o mirou. Á esquerda, un ser escuro e frío falaba con voz pausada e rouca. Ao seu lado atendía con devoción o seu pupilo ás instruccións e consellos que estaba a recibir. Era novo pero máis que home, cun corpo forte gardado nunha sorte de armadura e fermosas faccións, coroadas por cabelo negro e longo. Ignorándoos tanto como eles a el, colleu ao mozo pola queixada sen que este deixase de atender ao mestre e deulle as gotas dun frasco de cristal. Retrocedeu uns pasos e agardou. Paramos os latexos pra concentrarnos en cada son, cada movemento, que serían decisivos. Suavemente, comezou a xirar a cabeza cara nós. Unha mirada de tolo habitante duns intensos ollos verdes cravóusenos no cerebro. Un...dous...tres...
E mirou de novo ao escuro mestre, que non deixara de falar neses tres segundos nos que se detivera o tempo, e saímos de présa pola porta principal.

Xardíns arredores un pazo, ponlle Schönbrunn ponlle Versalles, ponlle ningún. Eu son agora unha dama cun vestido branco, ponlle Raíña Branca de Alicia. El está ao lonxe, dun brillante negro nun día soleado. Os meus vasalos murmuran. Os seus tamén. Ambos sabemos que aquí, rodeados de xente, ningún vai atacar. Non hai perigo, pero hai tensión. Aparece un terceiro e continúan as estratexias.


Isto é hai moitos anos. Cando os cines eran un a un. Chegamos a unha praza. Eu vou cun señor maior pero con moita vitalidade. A praza está rodeada de cines, cada un co seu cartel iluminado cada un coa súa cor e o seu nome. O home que me acompaña vaime explicando entusiasmado como eran antes as cousas, cheas de opcións e oportunidades. Penso que en calquer momento se vai poñer a saltar e correr como un neno.

Penso, xa non sei se durmida ou esperta, no cine París e na monótona roupa que vende agora. Está morto agora ese home.

lunes, 21 de marzo de 2011


ola gato

ola

gato gordo e negro ola gato
levas calcetíns de señorito e non se manchan

levo pés pegados ás patas, mais non levo zapatos coma ti

gato insolente non me mires
non me fales gato
de trapo o rabo e os ratos detrás

eu non como ratos eu como penso brando e marrón
eu non afío os dentes eu non roio e deixo roer

mira gato mira que es parvo
gato aparta do camiño gato que me traes tola
eu non quero historias de bechos fracos por anacos penso que delirio e claro
as perniñas non me aguantan sempre

cala rapaza cala que me miras desleixada
acaso tes os ollos pra nada?
eu movo os bigotes a piques estaba de movelos agora
fora antes fora fóra
terás pesadelos nena

fóra gato fóra


domingo, 20 de marzo de 2011

A cabeza non paaaraa!

sábado, 19 de marzo de 2011



voulle roubar ás flores o que me roubaron as abellas
teño almofada nova e non vexo ben sen gafas
                                 recórdame
ao conto que me contaba eu mesma polas noitas cando podía durmir

vou comer coello como coello comeron antes os máis vellos
ca min
e non o vou cazar,
porque son            civilizada
  
Yo,
remera de barcas,
ramera de hombres
romera de almas
rimera de versos

[Gloria Fuertes]

coruña


o mar
que intenta dividirnos e que nos xuntou
xogamos con el a ver quen é máis forte
como un neno xoga contra o seu pai

o mar
déixanos gañar

lembra que o mar
nos deixa gañar


lunes, 14 de marzo de 2011


e agora teño que peinarte e maña exame e a tele e o bus e o buseiro que a tarxeta non funciona polas haburguesas si por iso que eu non gardo hamburguesas no bolso pois os sandwiches a min non me importa que é cousa túa e eu sen durmir e agora que podo miña nai que me esperta

sábado, 12 de marzo de 2011



todo o que tocas arde
sae ben cando o miras do revés e acariñas as pezas da partida
tomas a rúa máis escura pra perderte e que te violen
recordas cando che dixeron que non merecía a pena coller o billete de volta
e riches deles
non deberías...
non deberías


mola moito a foto, é de  Irina Werning creo recordar

Se a historia da Terra durase un ano, o ser humano viviría no último segundo.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Plan A.
Zona 1, 2, 3
Os pés
no camiño
As rodas
e o volante

viernes, 4 de marzo de 2011



si
poño caras cando subo no ascensor

e cando baixo
tamén

miércoles, 2 de marzo de 2011

entroido

cada vez máis preto


se vos asomades un pouquiño xa o podedes ver

lunes, 28 de febrero de 2011


"Un vértigo espantoso se apoderó de mi y empecé a ver claro. Vasto cementerio donde cada casa es el nicho de una familia, cada calle el sepulcro de un acontecimiento, cada corazón una urna cineraria de una esperanza o de un deseo.
-¡Necios! ¿Os movéis para ver muertos?¿No tenéis espejos por ventura?Miraos, insensatos, a vosotros mismos, y en vuestra frente veréis vuestro propio epitafio."

Foto que nin pintada (bueno, pintada si jaja)

domingo, 27 de febrero de 2011


pelucas nos sobacos. moi chic todo. telas de plástico todo o elásticas que queiras para que che entren as tetas no disfraz de nena de 6 anos
menos mal que aquí chove sempre e que pena que non o vaia facer agora. podería mollar a roupa e así apretaríame máis aínda. moi bonito. mañá saio a pasear. en coche. pola beirarrúa que se non non se desfruta o paseo

underground

3 grandes persoas

:D

viernes, 25 de febrero de 2011

Frida



Hoxe soñei que espertaba, abría a ventá da miña habitación e era inmensamente feliz. Durante a noite houbera unha inundación e tiña diante de casa un precioso lago cunha illa no medio (as partes máis altas do parque, que non alcanzara a auga, sobresaían exuberantemente verdes). Miña tía insistía en lembrame que a inundación causara moitos danos pero eu só vía a auga.
Optimista ou egoísta?

jueves, 24 de febrero de 2011


Que bonito levantarse coa luz do sol e que che acaricie toda a mañá.
Que bonito subir escaleiras de madeira e escalar escaleiras de man.
Que bonita coruña, a coruña bonita e a fea.
Que bonito o mar. sempre

Si, hoxe é un deses días nos que non sabes a quen agredecerlle este mundo.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Entroido: La del pirata cojo



"Y como además sale gratis soñar y no creo en la reencarnación,
con un poco de imaginación partiré de viaje enseguida
a vivir otras vidas, a probarme otros nombres,
a colarme en el traje y la piel de todos los tipos que nunca seré."
[Sabina]

lunes, 21 de febrero de 2011



Os caracois deberían levar chalecos reflectantes e ti deberías agocharte cando chove.

domingo, 20 de febrero de 2011


Dende ese espacio que te reservabas no metro refundamos o festival. Ti, encadrado nun pescozo perfecto e a revista de título onírico lembrándote a george clooney.